Destacados Vigo al minuto

As traballadoras das escolas infantís volverán á folga este mércores, día 8

En Vigo, a manifestación sairá ás 12:00 horas do MARCO

As traballadoras das escolas infantís volverán á folga este mércores, día 8

As traballadoras das escolas infantís privadas e de xestión indirecta, etapa 0-3, volverán á folga este mércores, día 8, «en resposta á teima patronal de bloquear a negociación do convenio». Asi mesmo, rexeitan a última proposta «miserenta e involutiva» presentada polo empresariado na reunión do pasado xoves.

Por debaixo do Salario Mínimo

CIG-Ensino fai un chamamento á unidade sindical, como única vía para gañar canto antes este novo pulso das patronais. «Isto ten que facer reaccionar con moita máis forza e enfado o sector, cuxas táboas, conxeladas dende 2021, xa quedaron por debaixo do Salario Mínimo Interprofesional e cuxos dereitos laborais e sociais están tan só ao nivel do Estatuto das Persoas Traballadoras«, subliñan. Lembran que este convenio é un dos máis precarios dos todos os convenios existentes a día de hoxe no ámbito da ensinanza.

Na última mesa de negociación, a número 11, a CIG-Ensino rexeitou enerxicamente a proposta patronal por «insuficiente, inxusta e inxustificada«. A central denuncia que a mesma pretendía seguir mantendo a precariedade salarial e «afondar na involución de dereitos sociais e laborais do persoal traballador». E todo «despois do esforzo que fixeron na pandemia, que non se recoñece, así como tampouco se recoñece a súa constante formación, responsabilidade e profesionalidade».

Manifestacións

Como nas dúas  primeiras xornadas de folga (convocada por CIG-Ensino, CCOO Ensino e SNEP), o persoal mobilizarase, de novo, Vigo e A Coruña, sumándose desta volta tamén Santiago. En Vigo, a manifestación sairá ás 12:00 horas de diante do MARCO e o persoal irá até a Porta do Sol.

Nova xornada de folga o día 15

O 15 de novembro está convocada a cuarta xornada de folga e para ese día haberá manifestación nacional en Santiago de Compostela, que sairá da Alameda, pasará pola sede da CEG e rematará na Praza de Praterías.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.