Destacados Vigo al minuto

O BNG volve a pedir a remunicipalización do bus urbano de Vigo

E acusa ao Goberno local de esforzarse en tapar as deficiencias de Vitrasa

O Bloque Nacionalista Galego vén de defender, de novo, a remunicipalización do transporte público en un novo modelo de bus urbano en Vigo fronte á “enquisa farsa” de Caballero. Asi, dende o Bloque acusan ao Goberno municipal de “simular” con esta proposta que actúa ante os problemas do transporte urbano da cidade, cando o único que fixo nestes anos foi “empeorar gravemente” as condicións do servizo.

O Goberno local quere «tapar as deficiencias» do servizo de Vitrasa

Nesta liña, o portavoz municipal do BNG cualificou o estudo de 320.000€ encargado polo Concello de “cortina de fume ben custosa para tapar as moitas deficiencias e insuficiencias” do servizo de Vitrasa. Entre elas, Xabier P. Igrexas lembrou a supresión de 250 frecuencias diarias; a desaparición de varias liñas; horarios «irracionais” e un mapa “obsoleto” que non conecta o conxunto da cidade e “castiga” os barrios e parroquias máis periféricas.

«Blindar» a continuidade da concesionaria

Igrexas criticou que a única medida do Goberno municipal sobre o bus urbano foi blindar a continuidade da actual empresa concesionaria cunha prórroga de cinco anos. “Un agasallo para o grupo Avanza”, lamentou. Unha prórroga da concesión que, a xuízo do BNG, supuxo “hipotecar” este servizo esencial un lustro máis para que continúe a ser “fonte de negocio privado”, pese a non atender as necesidades da veciñanza e non garantir un transporte á altura da maior cidade galega.

Revolucionar a mobilidade e empresa pública

Fronte a esta situación, o portavoz municipal do Bloque chamou a “revolucionar” a mobilidade en Vigo, cun novo modelo que teña o transporte colectivo como piar. “O futuro da nosa cidade ten que pasar por unha mobilidade alternativa, e iso esixe que o servizo de bus urbano sexa unha opción real que permita que as viguesas e vigueses non estean obrigadas a coller o coche”, demandou.

Neta liña, o BNG rexeita que o servizo de bus urbano teña que estar baixo xestión dunha empresa privada. E, asi, lembra que hai cidades con menor poboación e capacidade económica que contan xa cunha empresa pública de transportes. 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.