Comarcas Vigo al minuto

Covelo estrea novo proxector láser e unha pantalla de 10m2 no Auditorio Municipal

«Vivir no rural non é unha escusa para quedarse atrás» , subliña o alcalde

Covelo estrea novo proxector láser e unha pantalla de 10m2 no Auditorio Municipal

Co «obxectivo de ofrecer servizos de maior calidade e ampliar a oferta de actividades do Auditorio Municipal«, o Concello de Covelo realizou un investimento de 6.139, 54€ en material audiovisual.

Dado o intenso uso que se realiza do auditorio no que se imparten cursos e se programan actividades de lecer, o Concello mercou un novo proxector de tecnoloxía láser LCD e unha pantalla eléctrica de 4 metros de ancho por 2,5 de alto. Ademais, adquiríu un selector HDMI con extractor de audio e un extensor de HDMI con ata cen metros de calidade Full HD. Este novo material permitirá proxectar imaxes de mellor calidade e resolución e un audio con menos interferencias e maior claridade.

«Vivir no rural non é unha escusa para quedarse atrás»

E nisto traballa o goberno local, sinala o alcalde. “Dende a administración local tentamos quitarlle o máximo rendemento aos espazos públicos e que a veciñanza poida desenvolver todo o que precise nos mesmos. Ofrecer ferramentas axeitadas é indispensable para manterse actualizados”, explica Pablo Castillo.

Castillo engade, ademais, que é importante estar atento e aberto a todos os posibles apoios, convenios, axudas e convocatorias. Precisamente este é o caso, dado que «a Consellería de Cultura da Xunta financia o 50% do custo».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.