Galicia Vigo al minuto

Alertan do aumento de agresións ao persoal de Atención Primaria, en Vigo

En especial nos centros médicos de Coia e Teis e no PAC de Pizarro

A CIG-Saúde subliña da necesidade de adoptar “medidas drásticas” para rematar “dunha vez por todas” coas agresións tanto físicas como verbais que padece o persoal que presta servizo en Atención Primaria. A central sindical alerta sobre o incremento deste tipo de incidentes no centro de saúde de Coia, mais tamén sinala a problemática existente no de Teis e no PAC de Vigo.

Situación crónica

A secretaria comarcal da CIG-Saúde de Vigo, Pilar Rodríguez, lembra que a central sindical leva tempo demandando que se adopten medidas para facerlle fronte a unha situación “crónica”, especialmente nestes centros. En particular, no de Coia, que nos últimos días rexistrou un aumento das agresións verbais “de intensidade”.

Máis usuarios e máquinas de citas avariadas

Rodríguez sinala que o incremento deste tipo de incidentes ten que ver coa maior afluencia de persoas usuarias que rexistra a instalación como consecuencia do inicio da campaña de vacinación contra a gripe; mais tamén polo feito de que as máquinas que proporcionan as citas do ‘sistema quenda’ están avariadas. Isto fai que «estas persoas se incorporen á cola de información/citas, provocando longas esperas e producíndose a conseguinte conflitividade”.

Policía

Até o punto nos últimos días foi necesaria presenza policial en varias ocasións, “por non falar de que algún persoal sofreu crises de ansiedade que derivaron en baixasmédicas”. Outra causa desta situación é derivada da posta en marcha do concurso de traslados do persoal médico de Familia, que se traduciu en cambios de facultativo e movementos de citas, “o que fixo medrar o descontento da xente”.

Contratación de Seguridade

Por iso A CIG-Saúde reclama medidas que rematan con esta situación, “incluso a contratación de seguridade privada nos centros máis conflitivos, que rexistran até 2 ou 3 incidentes diarios por riba da media”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.