Comarcas Vigo al minuto

As obras do viario de Chapela comezan este mes

Durarán 9 meses

A alcaldesa de Redondela reuniuse este luns pasado con representantes da Asociación de Veciños de Chapela, a Asociación de Veciños de Trasmañó e da Asociación de Afectados da AP-9. Na xuntanza, na que estiveron  representantes de Audasa, concesionaria da AP9; da empresa Civis Global e do Ministerio de Fomento, informouse aos veciños do inicio das obras a finais deste mes. Digna Rivas adiantou que a próxima semana celebrarase en Chapela un acto aberto a toda a veciñanza no se explicará en detalle tanto os traballos como os prazos previstos.

Chapela e Trasmañó

Asi, estes centraranse na reposición e mellora do viario de Chapela e Trasmañó, na contorna das obras de ampliación da AP-9, entre os quilómetros 149 e 152. Entre as actuacións contémplase a ampliación do paso sobre a autoestrada que dá acceso a San Vicente de Trasmañó e melloras das sendas adxacentes.

Do mesmo xeito, instalarase unha estrutura metálica na marxe dereita que cunha zona peonil de 1,5 metros de ancho e máis amplitude para o tráfico rodado. Por último, renovarase o saneamento e rehabilitarase o Camiño Mouriño, na marxe esquerda da N-552, baixo a estrutura da autoestrada.

9 meses de obras

Polo que se refire ao Camiño da Igrexa e na rúa Pasán construiranse redes de abastecemento; de pluviais e instalarase nova iluminación pública; renovación de pavimiento da calzada e de dous parques infantís da zona.

Civis Global será a empresa que realizará as obras, que contan cun orzamento de 2,65 millóns de euros e un prazo de execución de 9 meses. O proxecto é compatible coa instalación das pantallas antirruído nese tramo, proxecto que se está a desenvolver de xeito paralelo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.