Comarcas Vigo al minuto

A alcaldesa de Ponteareas alerta de que os cortes de luz en centros municipais débense «á débeda que deixou o anterior Goberno»

Asegura que hai 2,5 millóns en facturas impagadas

Distintas dependencias municipais de Ponteareas, como o Centro Social e o Mercado de Abastos están sufrindo cortes do luz que, o actual Goberno local asegura, están causados pola débeda do ‘bipartito BNG-PSOE’. Apuntan a que estes problemas so subministro débense «ao impago da débeda contraída», e lembran que esta situación xa se producira no mandato anterior.

Un desfase de preto dun millón de euros

Así, subliña a alcaldesa, «un dos principais buracos económicos que deixou en herdanza o anterior bipartito é o do alumeado público». Na rolda de prensa na que fixo balance dos primeiros cen días de xestión, Nava Castro amosou un desfase, entre a partida adicada a tal efecto e a realidade, de «preto dun millón de euros». Por este motivo o equipo de Goberno convocará un Pleno extraordinario urxente para realizar o recoñecemento extraxudicial das cantidades adeudadas pendentes de abonar, en canto se teña resposta favorable da proposta efectuada á compañía subministradora por parte do Concello, e xerar unha partida orzamentaria a tal fin, presumiblemente a través dun préstamo.

2,5 millóns en facturas impagadas e 9 millóns de débeda

Castro explicou que a partida orzamentaria de 300.000 euros para to un ano destinada ao pago da luz era claramente insuficiente cando o servizo está valorado 1,3 millóns de euros. Se ben é certo, engadiu, que os fondos poderían obterse de outras partidas non executadas, non foi así e ao momento de chegar á Alcaldía, o actual grupo de goberno atopouse con só 97.000 euros de liquidez entre o 17 de xuño e o vindeiro 31 de decembro. Unha liquidez que non resultou ser tal xa que existen 2’5 millóns de euros en facturas impagadas e 9 millóns de débeda.

Por iso, o Goberno local, apuntou a alcaldesa, leva semanas negociando para reverter e emendar esta situación á maior brevidade posible e restablecer a normalidade en todos os centros. Neste sentido, Nava Castro subliñou que aqueles considerados servizos de primeira necesidade, como os centros educativos ou residencias teñen o subministro garantido.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.