Comarcas Vigo al minuto

O Goberno de Ponteareas esixirá que os Orzamentos do Estado reserven unha partida para a variante da N-120

A alcaldesa pediú información ao Ministerio de Transportes sobre este proxecto

«Considerando que este mes é a clave na confección dos Orzamentos Xerais do Estado para 2024», o Goberno de Ponteareas vai presentar unha moción a fin de que o Pleno acorde instar ao Goberno Central a que reserve unha partida para a mellora da seguridade da estrada N-120 ao seu paso pola vila, e para a construción da Variante ou Circunvalación de Ponteareas.  

Xa houbo outras partidas do Estado

Na moción, lémbrase que xa en 2018 houbo unha partida orzamentaria de 27 millóns, reservada polo Goberno do Estado, pero que a mesma non se chegara a executar. Ademais, «desapareceu» das contas nos anos seguintes.

Asi mesmo, nos Orzamentos Xerais do Estado deste 2023, figuraba outra partida de 500.000€ para o proxecto da Variante, «que non especificaba os termos en concreto á que se dedicaría e da que non se tivo máis noticias».

Que resposte o Ministerio de Transportes e Mobilidade

Por este motivo, a alcaldesa, Nava Castro, vén de solicitar ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, información do estado de destes proxectos. Do mesmo xeito, insta ao Goberno á inclusión dunha partida económica destinada a tal fin no exercicio 2024. Por último, apremia á transferencia do tramo urbano da estrada, desde a entrada a A Freixa ata o IES Barral.  

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.