Destacados Vigo al minuto

Vigo reforza a limpeza con vehículos ecolóxicos

Propulsados por gas natural comprimido

Vigo reforza a limpeza con vehículos ecolóxicos

Vigo contará con novos vehículos de limpeza ao longo deste mes, propulsados por gas natural comprimido (GNC), e equipados cun equipo hidrolimpador de alta presión que veñen a substituír a outros tres vehículos de gasolina.

Decapadora

A eles súmase unha decapadora de alta presión e auga quente (marca CMAR), pensada para zonas peonís. Provista dun sistema de reaspiración que permite absorber a auga e todas as manchas decapadas con alta presión e auga quente, «ofrece resultados ecolóxicos -permitindo un aforro de auga- e económicos, grazas ao baixo consumo de fueloil», sinalan dende o Concello.

…e un recolector compactador

As incorporacións complétanse cun recolector compactador de carga lateral dereita, propulsado por GNC. , de 19m3 de capacidade. Substituirá a outro vehículo de similares características, pero propulsado por gasóleo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.