Galicia Vigo al minuto

O Concello de Redondela investiga as causas do vertido no Río Maceiras

Apareceron peces mortos

O Concello de Redondela informa que están tomándose as medidas medioambientais e legais correspondentes tras detectarse un vertido contaminante no Río Maceiras.

Onte pola tarde a Polícia Local de Redondela  recibiu unha quincena de chamadas por parte da veciñanza alertando dun posible vertido no Río Maceiras onde, como consecuencia, numerosos peixes atopábanse flotando e no fondo do mesmo sen vida. Unha patrulla da Policia Local, desprazouse ata o lugar  e posteriormente a Concelleria de Medio Ambiente deu aviso dos feitos a Augas de Galicia e solicitou unha analítica a empresa Acivro no punto onde de manifestou a contaminación.

Dende o departamento de Medio Ambiente informan que «se localizou un vertido de auga limpa con cloro, probablemente este sexa o causante principal da mortandade dos peixes. Os traballadores de Seprona fixeron xa as comprobacións correspondentes ao igual que o  vixilante de PCV que tomaron as mostras pertinentes».

A alcaldesa Digna Rivas explica que «dende o Concello solicitamos Unha analítica á empresa Acivro e estamos pendentes dos resultados, pero todo apunta a que trátase de cloro. Movilizamos o máis rápido posible o persoal responsable despois de alertar a veciñanza da mortandade dos peixes no Río Maceiras. Hoxe pasouse a retirar os peixes mortos e evitar maior contaminación. Estanse tomando as medidas legais oportunas e investigando a causa para que non se volva a repetir».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.