Destacados Vigo al minuto

O mes pasado foi o xuño máis húmido dos últimos 35 anos

Tamén o máis cálido dende 2005

O mes pasado foi o xuño máis húmido dos últimos 35 anos

Galicia rexistrou un mes de xuño moi cálido e moi húmido, segundo o avance do último informe climatolóxico mensual elaborado por Meteogalicia.

Moitas tormentas

Este período caracterizouse por rexistrar numerosas situacións tormentosas que, sumadas á borrasca Óscar, que deixou un par de xornadas de precipitacións xeneralizadas e de bastante intensidade en algúns momentos, implicaron un exceso de chuvia para un mes de xuño. Ademais, durante esas xornadas as temperaturas non foron baixas, o que, xunto o importante episodio de calor vivir na segunda quincena, dá como resultado un mes moi
cálido.

O xuño máis cálido en 18 anos

Así, a anomalía media da temperatura para este mes, obtida a partir dos datos rexistrados en 11 estacións meteorolóxicas representativas, foi de 2,1 graos, o que supón que fose o xuño máis cálido desde 2005.

Máis polo miúdo, o valor medio das temperaturas máximas foi de 23,8 graos, rexistrándose os valores máis altos nas ribeiras do Sil e no Miño ourensán, onde se chegaron a superar os 29 grados. Pola contra, os valores máis baixos déronse nas zonas máis altas da orografía galega, nas que roldaron os 15 graos. No caso das temperaturas mínimas, a
media foi de 13,2 graos. Os valores máis baixos rexistráronse tamén nas contornas con máis altitude -7,6 graos- e os máis altos en practicamente todo o litoral, cunha media de 17,7 graos.

O xuño máis húmido en 35 anos

No que se refire ás precipitacións, a anomalía media, obtida en base aos rexistros de 16 estacións meteorolóxicas significativas, foi un 110% superior ao valor climático normal, polo que este mes se pode considerar moi húmido.

Cómpre salientar que hai que remontarse ata o ano 1988 para atopar un xuño máis húmido. Deste xeito, a precipitación media acumulada foi de 112 l/m 2 , aínda que non se rexistrou unha distribución uniforme en todo o territorio por mor do carácter convectivo das chuvias ao longo do mes.

Así, houbo acumulados importantes en todas as provincias destacando a zona dos Ancares con case 250 l/m 2 . Pola contra, no extremo norte da Comunidade e na península do Barbanza rexistráronse pouco máis de 30 l/m 2 .

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.