Comarcas Vigo al minuto

Castrexos, galos, exipcios e romanos volven a tomar O Porriño

Esta fin de semana, coa actuación de Herdeiros da Crus, La Frontera e Dasoul

Castrexos, galos, exipcios e romanos volven a tomar O Porriño

Galos, castrexos, romanos, exipcios e gregos tomarán O Porriño, un ano máis, para disputar os Xogos Olímpicos. Así, o alcalde presentou hoxe a programación desta edición de Porrigalia. Trátase dunha cita que mixtura deporte, música, gastronomía, espectáculos para todos os públicos e moitas actividades infantís.

“Esta fin de semana agardámosvos a todas e todos no Porriño… aseguramos diversión e bos momentos”, apuntou Alejandro Lorenzo.

La Frontera, Herdeiros da Crus e Dasoul súmanse á festa

Porrigalia chega este ano cunha banda sonora de luxo, encabezada por Herdeiros da Crus, La Frontera e Dasoul. Os concertos pecharán cada xornada, comezando pola do venres. A partir das 22:30 h na rúa Domingo Bueno actuarán os Herdeiros da Crus e a continuación DJ Traffic House e Raper Vocal Live.

O sábado os djs Pitty, Samu Pexe, Keva, Mus e Xian animarán cada recuncho e praza do Porriño a partir das 19 h e ás 19:30 h; na praza Arquitecto Antonio Palacios, actuará o grupo local Generación M; de seguido o fará Beatriz Martínez  e ás 21:30 h, os Gin Tonic´s. Xa pola noite os concertos trasládanse á rúa Domingo Bueno, comezando La Frontera, seguido de Dasoul, María Lamuela Freitas, Dj Enter e Dj Moy.

O domingo, ás 19:30 h actuarán os King Kids  na praza do Cristo e ás 21 h A Banda da Balbina na praza Arquitecto Antonio Palacios. Ademais haberá charangas, batucadas e animación musical durante toda a fin de semana.

Porrigalia Kids, unha proba para auténticos gladiadores

Como non podía ser doutra forma as nenas e nenos estarán moi presentes na programación con actividades pensadas por e para que disfruten ao máximo de Porrigalia. Unha delas a Porrigalia Kids que se celebrará o sábado ás 13h na praza do Concello e no parque do Cristo.

A versión olímpica da reputada Gladiator Kids chega ao Porriño para que as pequenas e pequenos demostren que poden ser auténticos gladiadores. As nenas e nenos de 3 a 10 anos realizarán un percorrido de obstáculos adaptado á súa idade para que poidan pasar un rato divertido acompañados dos seus pais ou familiares.

A inscrición é gratuíta e pode formalizarse  ata o día 6 se de xuño na seguinte ligazón: https://www.deporticket.com/web-evento/8491-porrigalia-kids. Ademais, o sábado ás 11h celebrarase un showcooking e obradoiro infantil no Mercado de Abastos.

Xogos olímpicos

O gran desfile olímpico abrirá o venres, día 7, ás 21h as olimpiadas. Unha gran comitiva levará a chama olímpica dende o templete de San Luis a ata o Concello, onde o Rei Castrexo interpretado por Pepo Suevos a recibirá e procederase ao acendido.

A comitiva, formada por ANPAS e asociacións locais, volverá desfilar o sábado ás 12 h e chegará á praza do Concello para dar paso ao pregón a cargo do Rei Castrexo. Apartir das 20 h na rúa Domingo Bueno comezarán as Olimpiadas. Os xogos continuarán o domingo pola mañá, ás 11 h.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.