Cultura Vigo al minuto

Xa podes inscribirte no campamento ‘ActivaTea’, impulsado polo Concello de Ponteareas

Para rapazas e rapaces de entre 13 e 17 anos

O Concello de Ponteareas pon en marcha unha nova edición do programa ‘ActivaTea’, un campamento dirixido a mozas e mozos de 13 a 17 anos. No mesmo , sinalan dende o Goberno local, «poderán gozar dun amplo programa de actividades educativas e de lecer durante os meses de xullo e agosto«. As actividades desenvolveranse ao aire libre todos os luns, mércores e venres de 10.00 a 14.00 horas.

Trátase dun programa de actividades pensado para unha franxa de idade que require unha maior oferta lúdica e formativa e para a que habitualmente non hai tantas opcións dispoñibles. Así, a través do ‘ActivaTea’, rapazas e rapazas poderán gozar dos espazos de lecer; convivencia e socialización saudables; ao tempo que se fomenta a autonomía e a interacción e o traballo en equipo e se poñen en valor os recursos de interese da vila, promovendo a sensibilización ambiental e o servizo comunitario.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse xa enviando un correo electrónico a [email protected]. O campamento terá un prezo de 25 euros por participante.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.