Destacados Vigo al minuto

Este mércores saen á venda as entradas para o concerto de Luz Casal en Vigo

Presentará o seu novo traballo ‘Las Ventanas de mi Alma’

Este mércores saen á venda as entradas para o concerto de Luz Casal en Vigo

Luz Casal volve a Vigo. Actuará o próximo 6 de outubro a partir das 20,30 horas no teatro García Barbón. Será a ocasión perfecta para coñecer o seu último traballo ‘Las Ventanas de mi Alma’.

Segundo os organizadores, é o disco «máis persoal e autobiográfico da súa carreira», e chega após cinco anos sen novos temas. Así, subliñan, «lonxe de conformarse coa renda que lle outorgan catro décadas no máis alto, Luz explora novos sons e aborda asuntos de actualidade, para ofrecer un álbum rotundo e arrebatador, doce temas chamados a ampliar a avultada lista de éxitos da artista  unha das voces máis inconfundibles do panorama musical europeo»

Dende as 10:00h. deste mércores 28, podes comprar as entradas en www.ataquilla.com, con prezos que varían entre 40 e 60€, máis os gastos de xestión.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.