Destacados Vigo al minuto

Paro do persoal de amarre e desamarre dos barcos no Porto de Vigo

Os traballadores reclaman un convenio digno e salario xusto

O cadro de persoal da empresa Boteros Amarradores de Vigo (Botamavi)– empresa encargada do amarre e desamarre dos barcos no Porto- vén de convocar tres xornadas de paros parciais para reclamar un «convenio colectivo digno e uns salarios xustos». Dende a CIG, que ostenta a representación sindical, explican que a compañía négase a introducir unha cláusula de actualización salarial conforme ao IPC, a mellorar os pluses e a contratar máis persoal.

Así, os paros desenvolveranse este luns 26 e o venres 30 de xuño e continuarán o venres 7 de xullo de 5:00 a 12:00 horas. Ademáis, hoxe ás 10:00h. desenvolverán concentracións diante das oficinas da empresa, en Cánovas del Castillo, que seguirán os venres 30 no peirao de transatlánticos ás 09:30 horas, coincidindo coa celebración do consello de administración da Autoridade Portuaria.

Sen acordo

Neste sentido, dende a CIG subliñan que as partes, que xa celebraron seis xuntanzas e achegaron catro propostas de convenio, continúan se chegar a un acordo, «pola negativa da dirección a introducir unha cláusula de revisión salarial a IPC e a mellorar os pluses de actividade e nocturnidade».

«Servizos mínimos abusivos»

Ademais, denuncian que «a empresa tampouco está disposta a contratar máis persoal a pesar de que o actual número de empregados (11 en cada unha das dúas quendas) é insuficiente para desenvolver o traballo». Finalmente, anuncian que recorrerán os servizos mínimos do 70% decretados polo Porto de Vigo ao entender que «son claramente abusivos».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.