Destacados Vigo al minuto

A nova delegada da Xunta en Vigo, disposta a chegar a acordos co Concello

«A miña porta estará sempre aberta para a cidadanía»

A nova delegada da Xunta en Vigo, disposta a chegar a acordos co Concello

Dende este martes, Ana Ortiz é a delegada da Xunta en Vigo. O presidente Rueda, o vicepresidente 1º, Diego Calvo, e a anterior delegada, Marta Fernández-Tapias, asistiron á súa toma de posesión. Nela o titular do Goberno galego salientou a experiencia e a capacidade de traballo da nova representante autonómica, quen xa fora subdelegada do Goberno na provincia, durante o goberno de Mariano Rajoy.

Ana Ortiz sucede no cargo á nova voceira do Grupo Municipal do Partido Popular, Marta Fernández-Tapias, quen tamén asumirá unha das vicepresidencias da Deputación.

Diálogo

Alfonso Rueda subliñou que a tanto a nova delegada en Vigo, como o delegado en Pontevedra, o ex alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, teñén como principal tarea o diálogo, con todas as institucións e colectivos de todas as cores.

Nesta mesma liña, Ortiz sinalou que «a miña porta estará sempre aberta para a cidadanía», ademáis selientou que «o diálogo e a lealdade son principios básicos». Así, comprometeuse a «tender pontes, abrir camiños e facilitar acordos» con outras institucións, en referencia ao goberno municipal, representado por Yolanda Aguiar, concelleira de Política Social, e a terceira tenente de alcalde, Elena Espinosa.

Acabar co abandono da cidade

Co ocasión do cambio na Delegación da Xunta en Vigo, o Bloque Nacionalista Galego esxiulle a nova delegada que poña fin ao “abandono e castigo” coa cidade. Así o expresou o concelleiro e portavoz municipal nacionalista, Xabier P. Igrexas, nunha carta dirixida a Ana Ortiz, na que lle reclamou unha rectificación “urxente e profunda” das políticas do Goberno galego e na que detallou até 30 débedas pendentes.

Igrexas defendeu que a cidade “merece máis que un mero relevo de persoas á fronte da institución. Así, asegurou que agarda que o cambio na delegación se traduza nun novo ciclo que remate co “total e deliberado abandono” aplicado polo PP na Xunta dende 2009. Malia que matizou que o BNG non ten “ningún tipo de esperanza de que así sexa”.

Este abandono, indicou o veceiro muncipal do BNG, que «se traduce e manifesta de maneira incontestábel nunha clara falla de investimentos pero, o que é máis grave, na continuada deserción das competencias que o Goberno galego ten de exercer tamén na cidade”. Por iso, reprochou a “sistemática desatención” das necesidades da principal cidade galega na que habitan oficialmente 292.374 persoas, pero na que viven e traballan moitos millares máis.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.