Vigo al minuto

Alertan de que a Xunta recortará o servizo de seguridade na Cidade da Xustiza

Prescindindo de tres traballadores

Comienza el juicio por el crimen de Coia de 2024: el acusado se enfrenta a casi 22 años de cárcel

Prescindindo de tres traballadores

A CIG vén de denunciar a intención da Xunta de “recortar e precarizar” a vixilancia da Cidade da Xustiza de Vigo e de prescindir de tres traballadores. Por iso, a central sindical presentará alegacións ao prego de condicións do concurso de adxudicación do servizo de vixilancia.

‘Aproveitando o traslado’

Así, dende a CIG-Servizos explican que o lote número 12 do concurso promovido pola Vicepresidencia 2ª e Consellaría de Presidencia, Xustiza, correspondente á Cidade da Xustiza, contempla un «importante recorte da cobertura«. Nesta liña, lembran que o anterior contrato incluía a seguridade dos edificios de xustiza, rexistro, notificacións, embargos e Xulgado de Familia.

“Aproveitan o traslado para reducir o servizo e precarizalo, xa que por exemplo deixarase de prestar servizo pola noite os 365 días do ano; ademais, o edificio da Cidade da Cultura quedará sen vixilancia polas tardes, xa que unicamente se prestará no aparcadoiro e no rexistro civil da rúa Lalín”, explica Pedro Pérez, da CIG-Servizos. Ao mesmo tempo, durante as fins de semana só haberá servizo de seguridade privada 9 horas os sábados e 5 os domingos.

Non se garante a seguridade das persoas nin do edificio

Por iso, para o responsábel sindical, “esta drástica redución non garante nin a seguridade das persoas nin dun edificio que tanto investimento de cartos públicos supuxo, deixándoo desprotexido ante a posibilidade de que se poidan producir actos vandálicos”.

Ademais supón a perda de postos de traballo, xa que de 10 xornadas laborais pásase a seis, que empregarán a sete traballadores/as (algúns a xornada a tempo parcial), “de xeito que tres persoas quedarán fóra da subrogación”.

En consecuencia, dende a sección sindical da CIG na actual empresa adxudicataria, Clece Seguridad, anuncian que presentarán alegacións ao prego de condicións do concurso reclamando que se amplíe o servizo e que se manteñan todos os postos de traballo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.