Galicia Vigo al minuto

O candidato do BNG de Redondela descártase para encabezar o Goberno local

Rexeita as declaracións dos representantes de AER

Imaxe: BNG Redondela

Rexeita as declaracións dos representantes de AER

Xoán Carlos González non encabezará un futuro Goberno local en Redondela. Nunha nota enviada aos medios de comunicación, o Bloque Nacionalista Galego, aclara que «en ningún momento se prantexou a posibilidade de que o candidato á Alcaldía encabece  alternativa ningunha. Esta opción sería un fraude eleitoral en toda regra, e unha deslealdade cos votantes«.

Aviso a AER

Nesta liña, en clara referencia á Agrupación de Electores (AER), dende o Bloque subliñan: «rexeitamos enerxicamente o feito de que outra organización política tomase a liberdade de falar en nome do BNG». Así, engaden que «o panorama político no recentemente electo pleno municipal está evidentemente enrarecido por motivos máis persoais e de loita de egos que por cuestións ideolóxicas e/ou políticas, polo que non pode ser o BNG quen solucione os problemas doutras organizacións«.

Resultados

Logo de salientar o «intenso traballo levado a cabo por militantes e simpatizantes», para os responsabéis locais do BNG os resultados das Eleccións do pasado día 28 so poden cualificarse de «moi bos». Aclaran que «en Redondela duplicamos a porcentaxe de apoio electoral en comparación co anterior proceso municipal (dun 8.2% a un 16.12%), e subimos, no cómputo xeral en máis de 1.200 votos».

No que atangue ás parroquias, subliñan o incremento do apoio en practicamente todas elas. «Interpretamos estes resultados como a proba de que a mensaxe do BNG chegou a moita xente, o cal foi, durante toda a campaña, a sensación de moitos e moitas de nós».

Futuro

Dende a Agrupación Local piden aos seus militantes e votantes que estean tranquilos, en relación coa formación do próximo goberno local. Por iso, solicitan aos mesmos que agardarden a que «cada un dos actores políticos deste concello se fagan cargo da súa responsabilidade e deixen de xogar coa vontade democrática do pobo».

Pola súa bando, indican que o BNG tómase a súa responsabilidade «moi en serio« Por iso, «tentaremos, como non pode ser doutra forma, que Redondela teña durante os próximos catro anos un goberno estable e de progreso». Porén, conclúen, «somos conscientes da forza con que nos dotou o electorado, e entendemos que debemos estar en disposición de dialogar con todos os axentes políticos, porque o diálogo é a única vía para a estabilidade e o progreso».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.