Cultura Vigo al minuto

Advirten de que «9 anos despois non hai proxecto para a Biblioteca de Teis»

Tampouco confirmación de que vaia a ter libros

Advirten de que "9 anos despois non hai proxecto para a Biblioteca de Teis"

Tampouco confirmación de que vaia a ter libros

Este pasado luns, día 22, unha representación das ANPAS de Teis, mantivo unha xuntanza co concelleiro de Educación Gorka Gómez e a candidata a concelleira Olga Alonso, para tratar sobre a situación do proxecto da Biblioteca da parroquia.

«Esta xuntanza era para mantela con Abel Caballero, pero por motivos que descoñecemos, o alcalde non estivo presente, delegando no concelleiro de Educación», sinalan dende a ANPA.

As obras non comezarán ata 2024

Como é ben coñecido, os colectivos de Teis, levan «anos solicitando unha xuntanza con Abel Caballero», para tratar sobre esta dotación e, «despois de 9 anos do compromiso de construír unha biblioteca, informóusenos que aínda o pasado 5 de maio deste ano procedeuse á compra do edificio onde estará a mesma e que está previsto a realización do proxecto nos próximos meses para empezar a construción a principios do ano 2024».

Sen garantías de que vaia a ter libros

Nesta xuntanza, subliñan dende a ANPA, «confirmouse que o goberno municipal carece dun proxecto para a biblioteca de Teis e que non hai uns prazos reais para a súa construción». Ademáis, engaden, tampouco garantiron que fora a ter libros, «como vimos demandando, pois non aceptamos unha simple sala de lectura».

O goberno municipal leva anos anunciando a remodelación deste edificio, o último anuncio é que as obras comezarían en 2021 para estar en funcionamento en 2022. O alcalde, adiantou o proxecto da biblioteca xa en 20 ocasións.

«Os colectivos xa estamos cansos de anuncios, infografías e enganos, pois como se acaba de confirmar está semana a biblioteca de Teis, a día de hoxe só é un anuncio». Por iso, piden que se lles informe de todos os pasos próximos e ser partícipes do proxecto, para poder unificar ideas e expoñer as necesidades que Teis ten como barrio, para así lograr que a biblioteca sexa un espazo de dinamización para todos os veciños.

Aínda que a esta reunión só acudiron, por petición do alcalde, unha representación das ANPAS, «esta petición de biblioteca está apoiada pola Asociación de Veciñal de Teis e Voces polo litoral, as cales levan moitos anos loitando por conseguir a biblioteca».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.