Comarcas Vigo al minuto

O Concello do Rosal abre o prazo de inscrición para o campamento de verán

As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude ata o 2 de xuño. Contará con 30 prazas

As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude ata o 2 de xuño. Contará con 30 prazas

O Concello do Rosal abriu este mesmo xoves 18 de maio o prazo de inscrición no campamento de verán municipal. Estará preparado para acoller a nenos e nenas matriculados durante o curso 2022/2023 en Educación Infantil ou Educación Primaria; que estean empadroados no Rosal ou que o seu pai, nai, titor ou titora traballe ou posúa un negocio no municipio.

Conciliación

A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, salienta que o obxectivo desta iniciativa “é permitir ás rosaleiras e rosaleiros conciliar a vida familiar e laboral ofertando actividades educativas e lúdicas coas que dinamizar o tempo libre de rapazas e rapaces tras rematar o período lectivo nunha contorna enriquecedora, fomentando o seu desenvolvemento e crecemento”.

Datas, lugares e horarios

Para iso, o campamento desenvolverase na Escola de Pancenteo durante os meses de xullo e agosto. Así, contará con 20 prazas de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas e outras 10 prazas en horario de 08.00 a 15.00 horas. De todas estas prazas, 3 estarán reservadas de inclusión. O prezo por persoa será de 100 ou 125 euros ao mes, dependendo do horario solicitado na inscrición. 

Reserva de praza

As persoas interesadas en reservar praza poden presentar a súa solicitude ata o vindeiro venres 2 de xuño presencialmente no Rexistro do Concello de 09.00 a 14.00 horas ou por Sede Electrónica. Entre a documentación a achegar, deberase presentar a solicitude de participación, a autorización de recollida da ou do menor, o cuestionario de saúde e autonomía persoal, a fotocopia do DNI do pai/nai/titor/titora do ou da menor, a fotocopia do libro de familia, a vila laboral actualizada ou certificados específicos de discapacidade da persoa participante, familia monoparental, familia numerosa ou de traballar ou posuír un negocio no Rosal en caso de precisalo.

O Concello elaborará unha listaxe de persoas adxudicatarias das prazas, así como unha listaxe de reserva. No caso de renuncia, a listaxe irá correndo segundo orde numérica.  

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.