Comarcas Vigo al minuto

A praza Victoria Cadaval será o gran espazo de lecer de Sabarís

Luz verde ao proxecto do Concello de Baiona

Luz verde ao proxecto do Concello de Baiona

A praza Victoria Cadaval será o gran espazo de lecer de Sabarís. Segundo informa o Concello de Baiona, O proxecto cumpre varios obxectivos: recupera o protagonismo para as persoas e, sobre todo, mellora a mobilidade e a accesibilidade da praza.

Así, a praza terá amplios espazos de descanso e paseo; zonas verdes; renovarase o alumeado con tecnoloxía LED e todos os servizos da zona. Para iso contará cun investimento de 500.000€. Hai que ter en conta que a actuación presentouse á convocatoria 2023 do PON (antiguo Reacpon) da Deputación de Pontevedra e xa «superou a puntuación técnica requerida«, polo que o Concello está á espera da aprobación definitiva das obras do PON 2023.

Cambio total

“O proxecto cambiará por completo a praza, que necesita esta renovación integral para mellorar a súa accesibilidade”, explica o alcalde de Baiona. “Desde o comezo do mandato prometimos lealdade con Sabarís e este proxecto é un claro exempo, a diferencia do PP e da Xunta de Galicia”, engade Carlos Gómez Prado.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.