Destacados Vigo al minuto

Os veciños de Teis conseguen os aseos para a ETEA

Están abertos dende a pasada fin de semana

Os veciños de Teis conseguen os aseos para a ETEA

Están abertos dende a pasada fin de semana

Desde a pasada fin de semana, están abertos os aseos públicos da ETEA,  no antigo edificio dos vestiarios, no actual parque público. Así, a construción destes aseos, «é un novo logro da veciñanza de Teis, despois das mobilizacións do pasado verán«. Nas mesmas, denunciaron o abandono da antiga Escola de Transmisións da Armada, «tanto por parte do Concello de Vigo como  da Xunta de Galicia«.

No caso da colocación dos aseos públicos, tanto o Concello como a Xunta, «poñían escusas para non realizar esta actuación tan demanda desde había anos»… discutindo sobre de quen era a competencia ou quen se ía encargar do  seu mantemento.

A cafetaría segue pendente

Con todo, e pese a que o pasado 30 de novembro de 2022, a delegada da Xunta, Marta Fernández-Tapias, anunciaba varias actuación nos terreos da ETEA, entre elas que o edificio que ocupaba a antiga panadería serviría como cafetaría, (asegurando que xa tiña contratado un estudo de viabilidade)…a realidade é que «a dia de hoxe descoñecemos ese estudo e aínda non hai ningunha data para a  construción desa cafetería».  

A ETEA segue abandonada

Desde a Asociación, seguen pendentes das actuacións importantes para a recuperación da ETEA. Como exemplos do abandono, citan a urxencia da urbanización do PS-1, «bloqueada polo Concello de Vigo», ou a construción da anunciada residencia para os nosos maiores, prometida hai 6 anos pola Xunta. Despois da saída dos militares no ano 2002, «segue abandonada pola falta de vontade política do Concello e da Xunta».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.