Galicia Sucesos

Detido por conducir bébedo, sen ITV, sen seguro e sen carné vixente

Tamén provocou unha pelexa

Tamén provocou unha pelexa

A Policía Local de Tui detivo esta pasada fin de semana a un individuo de 45 anos tras a comisión dun presunto delito de desobediencia grave aos axentes da autoridade; delito contra a seguridade viaria e delito de danos

Así, informan dende o Concello, todo comezou sobre as 17:15 do pasado venres: varios cidadáns alertaron telefónicamente de que, presuntamente, este individuo conducía un furgón Mercedes no aparcamento na parte traseira do edificio Francisco Sánchez. «O vehículo circulaba a gran velocidade, batendo contra varios vehículos estacionados, e o seu conductor parecía estar en aparente estado de embriaguez«

Bébedo, sen carné en vigor, seguro e ITV

A patrulla desprazouse até o lugar, dando alto ao vehículo e procedendo a identificar do conductor. Así mesmo, os policías comprobaron na base de datos de Tráfico de que carecía de permiso de conducir ao perder o total de puntos. Ademáis, circulaba sen seguro e sen ITV.

Por último, ao presentar síntomas de ter inxerido bebidas alcohólicas, procedeuse a sometelo á proba de alcoholemia, arroxando resultado positivo superior a 0,25 mg/l en aire espirado. Por todo isto, tramitáronse as correspondentes denuncias en vía administrativa por cada unha das infraccións. 

Reincidente

Posteriormente, ese mesmo día pola tarde, a Policía Local recibiu máis chamada sobre a mesma persoa: estaba tentando levarse o vehículo inmobilizado pola forza, «ameazando a usuarios do mesmo aparcamento e resultando implicado nunha pelexa». Por este motivo, os axentes procederon á súa detención e posterior traslado e custodia pola Garda Civil. Por todo elo, pasou a disposición xudicial ao día seguinte.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.