Comarcas Vigo al minuto

Corte de tráfico, este xoves pola noite, na A-55 entre Tui e A Guarda

Entre as 22:00 horas do xoves 27 e as 05:59 horas do venres 28

Entre as 22:00 horas do xoves 27 e as 05:59 horas do venres 28

Os traballos de formigonado para seguir progresando nas obras do treito da autovía Tui-A Guarda entre os enlaces da A-55 e do polígono de Areas, farán preciso un corte nocturno do xoves ao venres desta semana.

Esta afección ao tráfico, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 29+100 e 30+600 da autovía A-55, é necesaria para realizar eses labores de formigonado nos dous vanos do paso superior en forma de glorieta sobre a autovía, no tronco da vía de alta capacidade e na conexión coa estrada N-551.

De 10 da noite a 6 da mañá

Deste xeito, para efectuar estes traballos nas condicións de seguridade necesarias tanto para os traballadores como para os usuarios desta vía, realizarase o corte total de ambas as calzadas da autovía entre as 22:00 horas deste vindeiro xoves 27 de abril e ata as 05:59 horas do venres 28, cando quedará restablecida a circulación.

Desvío alternativo

Co obxectivo de dar servizo a ambos os sentidos de circulación polo itinerario alternativo, desde a saída 29 da A-55, en sentido Portugal, usarase a estrada autonómica PO-340, incorporándose á N-550 e posteriormente á N-551, discorrendo polo termo municipal de Tui; sendo o mesmo percorrido en sentido O Porriño, pero á inversa. Este itinerario implica un tempo de percorrido de entre 8 e 10 minutos.

Tamén para seguir avanzando nos traballos en execución no taboleiro, ao logo desta semana estará en funcionamento o transfer desde o quilómetro 29+860 a 30+240. En concreto, entre o luns e ata ao xoves, entre as 8 de a mañá e as 7 da tarde, e o venres, desde as 8 á 1 da mediodía, habilitándose nalgún casos cortes de carril alternos cando o transfer non estea en funcionamento.

A autovía Tui-A Guarda, entre os enlaces da A-55 e Areas, prevese poñer en servizo a finais do verán, cun investimento autonómico que se eleva a 30 M€.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.