Comarcas Vigo al minuto

Teatro e música este mércores na programación das Festas de San Telmo

Dende as 16:30h.

Dende as 16:30h.

O grupo de teatro San Fins de Rebordáns estreará “A comisión da Valadas” no Teatro Municipal e Tui ás 21:00h. na segunda xornada da XIII Semana de Teatro Amador. Nove actores e actrices, baixo a dirección de Laura Villaverde, porán en escena esta comedia na que ante a falla de comisión de festas para facer os festexos do pobo de Valadas un grupo de mulleres asume o reto non sen atrancos.

As entradas están á venda en tui.gal ou poderán mercarse o mesmo mércores dende ás 20:00h. no despacho de billetes a un prezo de 2€.

Previamente ás 18:00h. na carpa da Corredoira actuará Brais das Hortas con ‘Concertasso na Horta’ para público familiar. A xornada abrirase ás 16.30h no centro de día Amoralia coa actuación da Coral do Centro Sociocomunitario de Tui, nunha iniciativa dentro da programación das festas que leva a música até as persoas maiores do centro de día e das residencias tudenses.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.