Vigo al minuto

Denuncian “graves deficiencias” en 14 comedores escolares da Xunta en Vigo

Con “comidas frías, racións insuficientes e produtos en mal estado”

Denuncian "graves deficiencias" en 14 comedores escolares da Xunta en Vigo

Con “comidas frías, racións insuficientes e produtos en mal estado”

O Bloque Nacionalista Galego vén de denunciar “graves deficiencias” en 14 comedores escolares de Vigo dependentes da Xunta. Así, o BNG anunciou que presentará varias inciativas no Parlamento de Galicia no que se recollen os “centos de queixas” das familias e das ANPAS. Entre elas, subliñan, a baixa calidade alimentaria, con “comidas frías, racións insuficientes e produtos en mal estado” nestes comedores de xestión indirecta, que serven a 1.800 nenas e nenos da cidade.

Sen control algún

“A Xunta non está realizando ningún control sobre a comida destes comedores escolares”, cuestionou a deputada do BNG Carmela González. Xunto co concelleiro e candidato á Alcaldía, Xabier P. Igrexas, reuniuse con representantes da Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais do Alumnado (Foanpas).

A deputada lamentou que o Goberno galego estea ignorando as centos de queixas presentadas por nais e pais pola mala calidade da comida. “Non recibiron resposta a ningunha delas”, criticou González. Así, pediu que se atendan as demandas das Anpas, que reclaman a xestión directa do servizo desde as cociñas dos CEIP Doutor Fleming e Ramón y Cajal para garantir unha “comida de calidade, proximidade e sostíbel”.

Non se garanten as mínimas condicións alimentarias

No mesmo sentido, o concelleiro do BNG asegurou que “non podemos aturar que en comedores financiados con diñeiro público, non se garantan as mínimas condicións alimentarias”. Por iso, chamou a unha revisión e modificación dos pregos de adxudicación deste servizo.

E a delegada da Xunta?

Igrexas preguntou “onde está” a delegada da Xunta , Marta Fernández-Tapias, a quen reprochou que durante os últimos anos “paseara por todos os colexios públicos da cidade para sacarse un sen número de selfies” pero non se poña á cabeza para atender estas denuncias das familias e esixir ao Goberno galego unha solución urxente.

También te puede interesar