Vigo al minuto

Así será o novo ‘Centro de Asociacionismo’ que ocupará os xulgados da rúa Lalín

Terá 134 dependencias e un auditorio para 400 persoas

El Concello suspende la licencia que dio a la Xunta para reformar los antiguos juzgados de la rúa Lalín

Terá 134 dependencias e un auditorio para 400 persoas

A delegada da Xunta avanzou este luns que o arquitecto Alfonso Penela resultou gañador do concurso de ideas convocado para deseñar o novo Centro do Asociacionismo de Vigo no vello edificio dos xulgados da rúa Lalín. No acto, Marta Fernández-Tapias destacou o «éxito da convocatoria», cun total de 29 proxectos presentados, feita polo Goberno galego en colaboración co Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG).

Así, subliñou Fernández-Tapias, o proxecto suporá un antes e despois para as asociacións e colectivos da cidade, xa que por fin terán a súa gran casa no barrio do Travesas”.

Reutilización do 95% da estrutura exitente

Nesta liña, o propio arquitecto Alfonso Penela sinalou que a súa proposta reutilizará o 95% da estrutura xa existente e dotará ao inmoble dun auditorio con aforo para 400 persoas. Ademais, tamén levará a cabo a apertura de ágoras centrais cada dúas plantas, cun hall para actos e os locais organizados e dispostos en forma de anel.  

Licitación do proxecto

Para elo, apuntou Fernández-Tapias, o vindeiro mes de maio levarase a cabo a licitación do proxecto técnico, básico e de execución. O mesmo incluirá o proxecto de seguridade e de saúde, de xestión de residuos, a certificación enerxética e o proxecto de telecomunicacións.

Ademáis, a delegada explicou que se habilitarán locais na planta baixa e na primeira e quinta do edificio e a súa cesión a asociacións da cidade. Os traballos poderían estenderse a outras tres plantas -os 2 sotos e o semisoto- que na actualidade son aparcamento e zona de arquivos. Así, en total, poderían habilitarse unhas 134 dependencias. 

Estas obras inclúen intervencións na carpintaría, revestimentos, acabados e instalacións, así como a mellora da eficiencia enerxética da envolvente do edificio. Para levalas a cabo, o orzamento estimado -incluíndo as tres plantas do soto- ascende aos 12,6 millóns de euros.

Dinamización das Travesas

Por último, Marta Fernández-Tapias sinalou que «con este proxecto ofrecemos novas dotacións e servizos á poboación do barrio e renovamos as infraestruturas, tamén co Centro de Saúde Olimpia Valencia no edifico da Audiencia. Deste xeito, «mantense a actividade económica en toda a área de rúa Coruña e praza de América”, apuntou.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.