Galicia Sucesos

Nova fin de semana sen mortos nas estradas de Galicia

A metade de todos os accidentes produciuse na provincia de Pontevedra

A metade de todos os accidentes produciuse na provincia de Pontevedra

O persoal do 061 asistiu durante a fin de semana 51 persoas debido a 36 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, 17, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 19 de marzo.

Neste tempo, a Central de Coordinación do 061, recibiu nestes días 49 chamadas en relación cos accidentes e os recursos mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas foron 53.

Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 11 accidentes; o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión; as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 38 sinistros e os equipos de Atención Primaria, prestaron asistencia en tres accidentes.

En 39 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 12 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.