Destacados Vigo al minuto

Localizadores de ‘The Crown’ ou ‘A casa de papel’, buscan escenario de rodaxe en Vigo

Estarán na cidade dende este venres ata o luns

Estarán na cidade dende este venres ata o luns

Seis localizadores nacionais e internacionais de cinema, televisión e publicidade participan desde este venres e ata o luns nunha viaxe de familiarización para incluír a Vigo como ‘plató’ para rodaxes. Os localizadores – que participaron en grandes producións como “The Crown”, “A casa de papel”, “Cóntame como pasou”, “Vampire Academy” ou campañas de publicidade internacionais – mostraron nos últimos meses un gran interese por coñecer a cidade coa intención de incluila como escenario de producións.

Grandes produtoras

Estes profesionais traballan para as principais empresas audiovisuais que desenvolven nestes momentos grandes producións nacionais e internacionais para cinema e plataformas, como son Palma Pictures, Calle Cruzada, Vancouver Media e Fresco Film.

O alcalde salientou a promoción de Vigo no eido audiovisual, por medio da Vigo Film Office, e a oferta de diferentes espazos para a realización de rodaxes. Así, puxo a colaboración do Concello con outros rodaxes, como o que remata este xoves. Trátase da longametraxe “Why. Because…?”, dunha das directoras máis recoñecidas de Filipinas, Sigrid A. Bernardo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.