Cultura Vigo al minuto

Á venda os abonos para o Festival SonRias Baixas

Dende ás 12:00h. deste martes

Dende ás 12:00h. deste martes

A venda de abonos para a vindeira edición do Festival SonRías Baixas está dispoñible a partir das 12 horas de hoxe a través da web do festival, www.sonriasbaixas.info, e a través de Enterticket.es. A cita, unha das principais citas musicais do verán en Galicia, terá lugar os días 3, 4 e 5 de agosto en Bueu, en pleno centro das Rías Baixas, e este ano cumpre o seu 20 aniversario.

45€

Os primeiros 500 compradores dos abonos poderán conseguir as súas entradas por 45€ máis gastos de xestión e, cando se esgote este primeiro tramo, habilitarase unha segunda oferta para os próximos 500 asistentes a 50€ máis gastos de xestión. Despois destas dúas primeiras bandas, os abonos terán un prezo de 60€.

Zona acampada

O proceso de compra incluirá a opción de engadir a zona de acampada, gratuíta, e situada a tan só 150 metros da praia e do propio festival, e unha promoción de bebida que oferta un 10% en crédito para recargar a pulseira por importes de 20€, 30€, 40€ e 50€. As entradas diarias estarán dispoñibles máis adiante, cando se revele a distribución dos artistas durante os tres días.

Natos y Waor, La Pegatina e Macaco

Lideran unha lista de confirmacións que aposta unha vez máis polo eclecticismo, incluíndo no seu cartel rock, sons urbanos, electrónica, rumba ou ska e formada por vinte artistas consagrados e emerxentes, distribuídos en tres días e completado por Arde Bogotá, Boikot, Cool Nenas, Dubioza Kolektiv, ETS, Grande Amore, La Ganga Calé, LaMontagne & PicoAmperio, Lendakaris Muertos, Lía Kali, María de Juan, Muyayo Rif, Ninhodelosrecaos, Queralt Lahoz, Samuraï, Santa Salut, Tremenda Jauría e 30S40S50S.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.