Comarcas Vigo al minuto

13 concellos urxen á Xunta a declaración de a zona de Emerxencia polos temporais

Piden apoio económico

Piden apoio económico

Alcaldesas e alcaldes de trece concellos do sur da provincia de Pontevedra afectados polas inundacións sufridas o pasado Nadal e Aninovo, urxen á Xunta de Galicia que declare o territorio como Zona de Emerxencia de Protección Civil e estableza medidas de apoio económico para asumir a rehabilitación dos municipios.

Alfonso, hai unha carta para ti

Xunto cando se cumpre un mes desta catástrofe, as rexedoras e rexedores da Cañiza, As Neves, Mondariz, Ponteareas, Salceda de Caselas, Tui, O Rosal, Tomiño, A Guarda, Baiona, Nigrán, Gondomar e Redondela enviaron unha carta conxunta ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, amosando o seu malestar «por unha inexistente xestión por parte do executivo autonómico» ante as graves inundacións sufridas.

Gasto extraordinario

Unha «situación extrema para os concellos afectados e a súa veciñanza», xa que a reparación do importante número de desperfectos ocasionados en instalacións, estradas, muros… municipais está a provocar un gasto extraordinario e urxente de atender, tamén para a poboación, debido a que temporais e choivas asolagaron numerosas propiedades privadas individuais ou de comunidades veciñais e instalacións de pequenas e medianas empresas. 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.