Destacados Vigo al minuto

Veciños de Teis seguen sen resposta ás alegacións do Plan Xeral, que presentaron hai un ano

Tampouco á solicitude de entrevista coa concelleira de Urbanismo

Tampouco á solicitude de entrevista coa concelleira de Urbanismo

A Asociación Veciñal de Teis, denuncia que despois dun ano de presentar as alegacións ao documento do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOM), o Concello de Vigo non respondeu. «Aínda non recibimos ningunha resposta nin a Asociación, nin a veciñanza que presentou alegacións» Así, os responsábeis veciñais lembran que o período de exposición pública do PXOM, finalizou o 18 de xaneiro de 2022.  

O pasado 5 de outubro de 2022, diante da falta de resposta as alegacións, dende a Asociación solicitaron unha xuntanza coa Concelleira de Urbanismo, María José Caride, e co responsable da Xerencia Municipal de Urbanismo, para tratar sobre a tramitación das alegacións, sen recibir resposta.

«Falta de transparencia»

Por iso, desde a Asociación, ven con preocupación a «falta de transparencia e información coa tramitación do PXOM» dado que nin deron respostas as alegacións, nin hai vontade de recibir aos veciños e a pregunta que se fan é: «Hai algo que ocultar?».

Nesta liña, os responsábeis veciñas cren que o Plan Xeral non da resposta as necesidades da parroquia e «hipoteca o seu futuro». Aseguran que non recolle ningunha solución aos graves problemas de trafico que padece Teis, ao non figurar novas infraestruturas; tampouco inclúe a conversión en tramo urbano da autoestrada AP-9 de Torres de Padín até o centro; e só se limita a unha grande rotonda en Buenos Aires, que xenera oposición.

«No resolve os problemas de infraestruturas pero logo figuran ampliacións de rúas e camiños en zonas cunha elevada densidade de residentes». Tampouco acomete os atrancos da circulación, e supón unha forte afección para os/as veciños/as, «como é o caso da rúa Oliveira, camiño da Traída de Augas, camiño de Gondesende e Avenida de Galiza».

Solo Urbano non Consolidado

Así, a Asociación insiste en que «seguese insistindo no desenvolvemento de Teis, a través de Peris, Solo Urbano non consolidado (SUNC)». En Teis, figuran 16 figuras de Solo Urbano Non Consolidado (SUNC), que xa figuraron no Plan Xeral do 1993 e do 2008, polo que «levan moitos anos incluídos, sen que ningún de ditos plans se desenvolveron». Mentres, deixan á veciñanza con vivendas incluídas nestas figuras, nunha «situación de incerteza sobre o futuro» e sen poder realizar ningunha obra de ampliación.

Autoestrada AP9 acesos e trafico en Teis.

Seguindo coas súas inquedanzas, os veciños apuntan que a autoestrada AP-9 atravesa a parroquia de Teis é un dos principais accesos a cidade de Vigo, pero que divide a Teis.  «Desde a Asociación, levamos anos reivindicando a conversión en tramo urbano da autoestrada AP9 desde «As Torres de Padín » até o centro da cidade.

Cando falan de converter en tramo urbano refírense a «realizar máis acesos para desconxestionar unha parte da circulación, en concreto reducir o elevado tráfico que padece a Travesía de Vigo e especialmente Sanjurjo Badía«.

Por iso, «sempre defendemos diante dos responsábeis do Ministerio de Transportes e do Concello de Vigo a construción de novos accesos como mínimo en «Torres de Padín » e na rúa Buenos Aires». Por iso, «limitar a actuación só a rúa Buenos Aires, sería una medida insuficiente.»

Nin rastro do túnel de Julián Estévez

Tamén, estas propostas sobre os accesos na autoestrada AP-9, «entendiamos que non son a solución definitiva aos problemas do trafico en Teis. Polo que a construción do túnel de Julian Estévez, que figuraba no anterior PXOM e que no actual non desaparece, era unha boa proposta».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.