Galicia Vigo al minuto

Adxudicadas 7 prazas de especialistas de Atención Primaria para a Área de Vigo

En A Guarda, O Rosal, Redondela, Pazos de Borbén, Fornelos, Cangas, Moaña e Ponteareas

Alertan de que o Sergas deixa sen ningunha facultativa o Centro de Saúde de Cangas

En En A Guarda, O Rosal, Redondela, Pazos de Borbén, Fornelos, Cangas, Moaña e Ponteareas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes a Resolución do proceso selectivo, o nomeamento como persoal estatutario fixo, e a adxudicación de destino definitivo, dos aspirantes da categoría de facultativo especialista de Atención primaria.

Así, a Resolución de hoxe informa da adxudicación de 7 prazas correspondentes aos centros de saúde de: Moaña (2); A Guarda; O Rosal; Redondela/Pazos de Borbén/Fornelos; Ponteareas e Cangas. Estes  facultativos  se incorporarán aos seus centros de saúde ao longo do próximo mes e «reforzarán as gardas dos Puntos de Atención Continuada«, informan dende o SERGAS.

A estas prazas, subliñan dende o Servizo Galego de Saúde, hai que engadirlle as outras 8 xa adxudicadas na primeira quenda deste proceso, co obxecto de que tras finalizar o mesmo se incrementara o cadro de persoal con 15 facultativos en 10 centros de saúde desta área sanitaria: Valeixe/Crecente (1); A Guarda (1); O Rosal (2); Cangas (1); Moaña (3); Coia (1); Ponteareas (3); O Porriño (1); Redondela (1) e Val Miñor(1).

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.