Destacados Vigo al minuto

29 propostas para aproveitar o edificio dos xulgados da rúa Lalín cando quede baleiro

Será o Centro de Asociacionismo de Vigo

29 propostas para aproveitar o edificio dos xulgados da rúa Lalín cando quede valeiro

Será o Centro de Asociacionismo de Vigo

A delegada da Xunta en Vigo, e candidata á Alcaldía polo Partido Popular, Marta Fernández-Tapias, destacou este martes o «éxito do concurso de ideas», convocado para o novo Centro de Asociacionismo da cidade despois de pecharse o prazo de recepción de proxectos cun total de 29 propostas.

Vello edificio dos xulgados, na rúa Lalín

As bases do concurso de ideas para remodelar o vello edificio dos xulgados e convertelo no novo Centro de Asociacionismo publicouse o pasado mes de novembro e pechouse este luns, 23 de xaneiro. O proceso lévase a cabo despois de que o Goberno galego e o Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) firmasen un convenio en busca do mellor proxecto.

Segundo inclúe o prego de condicións do concurso, o inmoble da rúa Lalín terá un auditorio con aforo para 400 persoas, unha sala de exposición, 6 salas de reunións, 5 salas de ensaio e 5 salas polivalentes, todas elas para uso por parte das asociacións.

Cesión ás asociacións da cidade

Esta actuación pretende habilitar locais na planta baixa e da primeira e quinta do edificio e a súa cesión a asociacións da cidade. Ademais, tamén se poderán trasladar dependencias administrativas que están a ocupar oficinas alugadas. Os traballos poderían estenderse a outras tres plantas -os 2 sotos e o semisoto– que na actualidade se destinan a aparcamento e zona de arquivos, polo que poderían habilitarse unhas 134 dependencias. 

12,6 millóns

As obras inclúen intervencións na carpintaría, revestimentos, acabados e instalacións, así como a mellora da eficiencia enerxética da envolvente do edificio. O orzamento estimado para intervir na totalidade do edificio -incluíndo as tres plantas do soto- ascende aos 12,6 millóns de euros.

Nesta contía inclúense 100.000 euros para os premios do concurso de ideas e máis de 409.000 euros para a redacción do proxecto derivado do concurso e a dirección de obra. Nos orzamentos resérvase un crédito de 3 millóns de euros co obxectivo de «botar a andar o proxecto e comezar a súa posta en marcha o antes posible«.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.