Comarcas Vigo al minuto

O Concello do Porriño acomete a reforma da cuberta do Multiusos

Dende hai anos, entra auga da choiva nas instalacións

Dende hai varios anos estanse a producir entradas de augas pluviais nas instalacións

O Concello do Porriño vén de tramitar por emerxencia as obras de reparación da cuberta do Multiusos de Torneiros. Dende o Goberno local apuntan que «como consecuencia da absoluta falta de mantemento a cuberta do edificio atópase en moi mal estado polo que, dende hai varios anos, estanse a producir entradas de augas pluviais».

Estes días, dado inusual réxime de precipitacións e treboadas, as entradas de auga téñense incrementado en grado tal que imposibilitan a práctica das actividades que se desenvolven no mesmo e están a producir importantes danos no interior. ademais de supoñer un risco para usuarios e usuarias das instalacións.

Canalóns e estructura do acceso á cuberta

Con tal motivo, dende a concellería de Vías e Obras sinalan que acometeranse de maneira inmediata os traballos de reparación que, tal e como explicou o responsable deste departamento, inclúen “a limpeza da totalidade dos canalóns perimetrais de recollida de pluviais, reposición das últimas de tella, reposición da estrutura e a xanela de acceso á cuberta e a reposición dos entronques”.

A situación na que se atopa o edificio nos últimos anos é insostible e, ademais de imposibilitar o normal uso das instalacións, supón un risco para os usuarios e usuarias das mesmas xa que os pasillos e aulas anéganse cando chove”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “A falta de mantemento de moitas instalacións municipais está a causar moitos problemas e traballamos para solventalos á maior brevidade”.

As obras a executar supoñen un investimento de 22.286 euros.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.