Galicia Vigo al minuto

Concentración diante dos Servizos Sociais de Teis para denunciar a falta de persoal

Dende hai dous meses, a oficina pecha media semana

Dende hai dous meses, a oficina pecha media semana

Este xoves, un cento de veciños e veciñas de Teis, atenderon a convocatoria da Asociación Veciñal, das ‘Ninguéns’ e a Oficina de Dereitos Sociais ODS-Coia, concentráronse diante da oficina dos servizos sociais de Teis, para  denunciar a falta de persoal e o feito de que se atopa funcionando baixo mínimos.  

Oficina pechada

A oficina dos servizos sociais de Teis, esta pechada media semana  (xoves e venres) desde hai 2 meses, ao carecer de persoal ( administrativo e bedel). Este feito provoca, ademais, que o resto da semana, a dúas asistentas sociais, teñan que encargarse a maiores das súas funcións de atender a recepción, para abrir e pechar a porta da oficina, ao ter que permanecer pechada por seguridade.

Dificultade para tramitar axudas sociais

A este feito súmase que está oficina só conta con dúas traballadoras sociais, cando o baremo é de 1 traballadora social por cada 8.000 habitantes, é Teis conta cunha poboación de 20.000 veciños e veciños. Está situación provoca  unha mingua dos servizos sociais na parroquia, que afecta a veciñanza que acude diariamente aos mesmos para tramitar todo tipo de axudas sociais ( risga, axudas de emerxencia, pensións non contributivas,…).

«Desde a Asociación Veciñal de Teis, dirixímonos por escrito no mes de novembro de 2022 e a pasada semana a Concellaría de Servizos Sociais, denunciando está situación, sen recibir ningún tipo de resposta ou solución até o de agora».

A asociación lamenta que «a este goberno municipal só lle preocupa a organización de festas, eventos e  nada  lle preocupan como funcionan os servizos municipais«. Así, consideran que «é unha prioridade uns bos servizos sociais e esiximos da Concelleira e ao alcalde unha solución inmediata».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.