Galicia Vigo al minuto

Ampliada a campaña de vacinación contra a gripe ata o 15 de xaneiro

Son dúas semanas máis

Ampliada a campaña de vacinación contra a gripe ata o 15 de xaneiro

Son dúas semanas máis

A Consellería de Sanidade decidiu prorrogar dúas semanas a campaña de vacinación contra a gripe, que remataba este 31 de decembro, isto supón que chegará ata o 15 de xaneiro de 2023.

Vacínate

Dende a Dirección Xeral de Saúde Pública subliñan que “a vacina é a mellor ferramenta de prevención para evitar as complicacións que pode ocasionar esta enfermidade de carácter infeccioso-respiratorio” e recomendan a quenes aínda non se vacinaron que o fagan.

Ata hoxe, dacordo cos datos do SERGAS, xa recibiu a vacina o 65% das persoas de entre 65 e 69 anos e o 76,5% dos maiores de 65.

También te puede interesar