Galicia Sucesos

Rescatan a unha muller e aos seus 3 cans que caeron ao Miño por un talude

En Caldelas

En Caldelas

Axentes da Policía Local de Tui rescataron este martes, 27 de decembro, a primeira hora a tarde a unha muller que caera por un talude duns catro metros ao río Miño en Caldelas.

Os feitos tiveron lugar no lugar de O Cachón na parroquia tudense de Caldelas este pasado martes pasadas as 2 da tarde cando a muller, tentando rescatar a un dos cans caeu polo talude sendo incapaz de saír. Foi unha veciña que a acompañaba a que deu a voz de alarma ao 112, que a súa vez trasladou o aviso á Policía Local de Tui.

Zona de difícil acceso

A patrulla ao chegar ao lugar atopouse a muller co auga polo nocellos nunha zona de moi difícil acceso á beira do río, coas paredes de apoio estaba moi esvaradizas ao ter terra blanda e solta. Os axentes empregaron cordas e arneses para poder acceder ao lugar e rescatar tanto á muller coma aos seus tres cans.  

Até o lugar acudiron tamén os Bombeiros do Baixo Miño, aínda que non foi precisa a súa  intervención xa que os axentes da Policía Local xa tiñan completado o rescate.  Non foi precisa a intervención dos servizos sanitarios nin da Garda Civil que foran tamén alertados.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.