Destacados Vigo al minuto

Vigo sairá, de novo, á rúa na defensa da Sanidade Pública

Convocada unha mobilización o vindeiro mércores, día 30

Convocada unha mobilización o vindeiro mércores, día 30

Vigo sairá, de novo á rúa en defensa da Sanidade Pública. A Plataforma ‘SOS Sanidade Pública‘ chama á cidadanía a participar o mércores 30 de novembro na CONCENTRACIÓN convocada ás 19h, diante do MARCO.

Atención Primaria, centros de saúde e Servizos de Pediatría

A convocatoría quere axudar a «salvar e fortalecer a Atención Primaria e o Sistema Sanitario Público, ameazado polas políticas de recortes e desmantelamento da Xunta». SOS Sanidade Pública alerta de que «a poboación sofre importantes trabas e limitacións para acceder e ser atendida nos Centros de Saúde, PAC e Servizos de Pediatría de Atención Primaria».

Listas de espera

Ademáis, «soportamos listas de espera de días ou semanas e consultas masificadas; o peche de PAC e centros de saúde rurais; a perda da promoción, prevención, promoción, rehabilitación e atención ás enfermidades crónicas; e o
abandono da participación comunitaria»
.

Persoal sanitario en condicións de inestabilidade e precariedade

Mentres, denuncian dende SOS Sanidade Pública, o persoal dos centros de saúde e PAC esta sometido a condicións de inestabilidade e precariedade laboral e a unha enorme presión asistencial por falta de recursos.

Por todo iso convoca á cidadanía a que demostre o seu «rexeitamento ao desmantelamento do Sistema Sanitario Público» e en apoio da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) na que propón que o Parlamento de Galicia debata e aprobe unha serie de medidas necesarias para garantir o servizo de Atención Primaria.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.