Galicia Vigo al minuto

A Fiscalía manten aberta a investigación pola actuación da Xunta na vaga de lumes deste verán

Non desbota a vía penal

Avanza un incendio na Gudiña que queimou xa 24 hectáreas

Non desbota a vía penal

As entidades da plataforma «Por un Monte Galego con Futuro» denunciaron a finais do verán o desleixo do goberno da Xunta de Galiza ante a vaga de lumes que nos meses de xullo e agosto arrasaron os montes e ecosistemas de máis valor. 

Do Invernadoiro ao Courel

Estes lumes incontrolados arrasaron ecosistemas de gran valor como o Parque Natural do Invernadoiro e Macizo Central ourensán, Serra do Courel, bisbarra de Valdeorras, Val de Monterrei, Montes da Cañiza, Montes da bisbarra do Ribeiro ou o Arenteiro, entre outros.

Sen traballo de prevención

As organizacións sinalan expresamente á Consellaría de Medio Rural pola súa «inacción» perante uns lumes, como responsable do dano producido polos incendios forestais, coa calcinación de miles de hectáreas de montes e destrución de ecosistemas Subliñan que o efecto devastador dos lumes agravouse debido a que estaban sen executar a maioría dos traballos de prevención de incendios previstos e que a pesar do altisimo risco de incendio non estaba desplegado todo o operativo de «Tempada de Máximo Risco de Incendios» tal e como establecía o PLADIGA 2022.

A Xunta segue sen un protocolo de actuación

Ademais, desde a plataforma «Por un Monte galego con Futuro» denuncian que á Xunta continúa carecendo dun protocolo de actuación para minimizar os efectos dos incendios sobre a fauna ou para recoller os animais feridos e tratar de curalos nos centros de recuperación de fauna salvaxe xestionados pola Consellería de Medio Ambiente.

As miles de hectáreas calcinadas este verán significaron millóns de animais atrapados e mortos polo avance das lapas, sen que houbera un protocolo de actuación para minimizar os efectos dos incendios sobre a fauna ou para recoller os animais feridos e tratar de curalos nos centros de recuperación de fauna salvaxe xestionados pola Consellería de Medio Ambiente.

…nin para a retirada das cinzas

«Ademais, depois da extinción dos lumes non se tomou ningunha medida para reducir o dano causado como a retirada das cinzas para que non contaminen as augas ou a recuperación da avifauna. O desleixo da Xunta non pode ser maior.» indica Xosé Santos, voceiro da Plataforma Por un Monte Galego con Futuro

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.