Galicia Vigo al minuto

Corte do tráfico no Corredor do Morrazo este luns e parte do martes

Entre as 08:00h. do luns e as 18:00h. do martes

Entre as 08:00h. do luns e as 18:00h. do martes

Os traballos de mantemento nun viaduto do Corredor do Morrazo, ao paso por Cangas, farán necesario o corte de tráfico desde este luns, día 28, ata o martes, 29. As obras son para realizar tarefas de mantemento e reposición dunha xunta de dilatación no último tramo do corredor, entre Alto da Portela e Menduíña, en Cangas.

Así, para facelas, é preciso o corte total do tráfico entre as 08:00h. do luns e as 18:00h. do martes, «aproximadamente», sinalan dende a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

Conservación de estradas

Esta intervención enmárcanse nos contratos que a Xunta mantén activos para garantir a conservación ordinaria e a vialidade invernal nas estradas autonómicas. Este programa de conservación ordinaria permite unha vixilancia e control das estradas autonómicas para detectar anomalías e corrixilas o antes posible.

Tamén forman parte deste programa os traballos de roza; as melloras de firme ou reparacións de pontes; obras de paso ou noiros de menor entidade; e o programa de vialidade invernal.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.