Comarcas Vigo al minuto

José Manuel Alfonso, candidato do PP á Alcaldía das Neves

Toma o relevo do ex alcalde Emilio Castro

Toma o relevo do ex alcalde Emilio Castro

José Manuel Alfonso será o candidato do Partido Popular á alcaldía das Neves nas Eleccións Municipais de maio. Así o decidiu a xunta local por unanimidade, decisión que trasladaron ao presidente provincial, Luis López, e á secretaria xeral, Luisa Piñeiro, na reunión que mantiveron este xoves na sede local do partido, á que tamén asistiu o presidente local, Emilio Castro.

Membro de colectivos sociais e deportivos

José Manuel Alfonso, ten 54 anos, naceu en As Neves, é graduado social e emprendedor. Forma parte de colectivos culturais, sociais e deportivos do concello.

Durante a súa intervención, dixo estar moi ilusionado e con gañas para afrontar esta nova etapa no Partido Popular, e lembrou que conta absolutamente con todos. «Teño o respaldo de un gran equipo de veciños, e seguiremos incorporando máis nomes para presentarnos ás municipais co mellor equipo e co mellor proxecto para volver a poñer As Neves no lugar que merece».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.