Galicia Vigo al minuto

O BNG sinala que «nin un euro» dos 33 millóns aprobados polo Pleno de Vigo vai a medidas contra a crise

O seu voceiro advirte de que non hai tempo para executar esa cantidade

O seu voceiro advirte de que non hai tempo para executar esa cantidade

O Bloque Nacionalista Galego de Vigo cuestiona que non destine “nin un só euro” a medidas fronte á crise social dos 33 millóns de crédito extraordinario aprobado polo Goberno municipal. Para o voceiro do BNG foi “patética” a falla de respostas do alcalde, durante o Pleno do Concello celebrado este mércores.

Sen explicacións

“Caballero non foi capaz de explicar durante os 15 minutos da súa intervención tres cuestións fundamentais, que motivaron o noso voto en contra”, salientou o concelleiro e candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas. Entre elas, lamentou a negativa do Goberno municipal a aumentar con cargo aos remanentes os recursos para axudas sociais; para despregar máis políticas de emprego ou para axudas para o pequeno e mediano comercio da cidade, tal como propuxo o Bloque ante o agravamento da carestía da vida.

Sen tempo para a súa execución

Ademais, Igrexas preguntou a Abel Caballero como vai executar esta modificación orzamentaria ,cuxa entrada en vigor está prevista para o 16 de decembro, segundo o propio calendario da proposta do Goberno local, a apenas dúas semanas de rematar o exercicio e en datas inhábiles para a xestión financeira do Concello. Nese sentido, lembrou que ningún dos créditos extraordinarios aprobados desde 2020 resultaron executados finalmente.

Propaganda

O voceiro do Bloque aclarou que non rexeitan os investimentos anunciados- dos que moitos deles xa foran recollidos en anteriores orzamentos- senón o uso propagandístico dos recursos do Concello, como 2,5 millóns para promocionar a ‘Marca Vigo’, no que parece unha «dopaxe publcitaria da marca Caballero con diñeiro das viguesas e vigueses».

Máis de 32,8 millóns

Exactamente, o Pleno Municipal aprobou-so co apoio do PSOE, a abstención do PP e os votos en contra de Marea de Vigo e BNG- un crédito extraordinario con remanente de Tesourería por un importe superior aos 32,8 millóns.

Esta cantidade, como explicou o alcalde en rolda de prensa, financiará obras de «Porta do Sol a Navia”. Entre elas Caballero enumerou a pista de skate cuberta en Navia -anunciada en marzo-; a remodelación da Praza Elíptica, xa en marcha; o aparcamento Matamá e a renovación da Praza de San Mauro; o mercado de Teis; melloras no Castro; a biblioteca de Teis – un dos proxectos recurrentes que ven ‘saltando’ de orzamento en orzamento dende 2018-; o ámbito da ETEA; a estrada Garrida -Porto; a cubrición do Colexio Frián-Teis; a humanización de Aragón ou obras na contorna de Vialia.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.