Comarcas Vigo al minuto

Nigrán abre a súa nova biblioteca

Multiplica por dez a superficie da anterior

Multiplica por dez a superficie da anterior

Foto exterior: HéctorSantos-Diez/ O Concello de Nigrán abriu este martes (en horario de de 9:00 a 21:00 horas de luns a venres, e os sábados de 9:00 a 15:00) as portas dunha nova Biblioteca Municipal.

Máis de 1.200 m2

Trátase dun inmoble vangardista, equipado con altas tecnoloxías e que multiplica por 10 a súa superficie. A veciñanza do municipio pasa así de contar cun espazo antigo de 120 m2 no Ceán (agora sede da Escola de Música) a un edificio bioclimático de 1.260 men Estrada pola Vía (altura do 118, no núcleo urbano) que multiplica as posibilidades dos usuarios e se adapta aos novos medios. 

50.000 libros

Esta realidade permite distribuir holgadamente os 50.000 exemplares e incorporar conceptos que antes nin sequera podían ter cabida (zonas de lectura, aula de traballo conxunto ou dous puntos de consulta audiovisual) e ampliar a sala de lectura de 16 a 68 postos.

Proxecto de ‘Gándara#Pons Arquitectos’

«Gañamos unha Escola de Música no Ceán e unha Biblioteca do século XXI dimensionada conforme á realidade do municipio. Este xa é un edificio premiado e de referencia en toda Galicia polo seu deseño vangardista», sinalou o alcalde, referíndose ao proxecto de ‘Gándara#Pons Arquitectos gañador do premio ibérico Technal 2022.

Unha das principais vantaxes da nova biblioteca é que pasa dunha capacidade de 12 a 68 usuarios (e con iluminación independente en cada mesa). Ademáis, a partir de agora os usuarios disfrutarán dunha sala de usos múltiples para poder traballar en equipo.

Consulta audiovisual

Outra novidade é unha zona de consulta audiovisual equipada con dúas pantallas de alta definición e equipo de son e cascos onde, proximamente, os usuarios poderán visionar arquivos como o da antiga Televisión Local de Nigrán.

Igualmente, a biblioteca infantil gaña exponencialmente en metros e dispóns de zona de lectura integrada na propia planta, igual que a parte de adultos. As posibilidades de consulta tamén se multiplican engadindo para elo, e por vez primeira, 4 tablets e 3 ordenadores. Ademais, mellórase a conexión Wi-Fi. Finalmente, o propio edificio conta cunha cuberta con vistas a todo Nigrán e deseñada como terraza exterior para ser utilizada.

Distribución

Na andar baixo -de 191 m2- a Biblioteca conta cunha sala de usos múltiples vinculada á praza cuberta adxacente; almacén e aseos. No primeiro andar -de 269 m2- están a hemeroteca, sala de ordenadores, recepción e zona de préstamo infantil e xuvenil.

No segundo -de 272 m2- hai unha zona de préstamo para adultos e o último -235 m2-, dispón dunha zona de estudio que se comunica a dobre altura coa zona de préstamos do nivel inferior.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.