Destacados Vigo al minuto

A Xunta dará 1.000€ ao mes a pacientes con ELA

Co obxectivo de axudarlles cos gastos derivados desta enfermidade

Co obxectivo de axudarlles cos gastos derivados desta enfermidade


O Consello da Xunta, aprobou este xoves dar unha axuda directa de 1.000 euros ao mes, 12.000 euros anuais, ás familias nas que haxa persoas diagnosticadas con Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA).

A axuda empezará a cobrarse en 2023 e o obxectivo desta medida, como informou o presidente Rueda, é que poidan afrontar os gastos extra derivados deste enfermidade.

Axuda compatible con calquera outra

Galicia é a primeira comunidade en adoitar esta medida e pagar ás familias de xeito «directo e inmediato» e xa están reservados 3,2 millóns de euros nos orzamentos para o ano que ven. O presidente apuntou que esta axuda será compatible con calquera outra que reciban os enfermos e as súas familias.

Mobilidade, accesibilidade

O xefe do executivo lembrou os esforzos económicos que require afrontar a ELA, tanto no que se refire aos «básicos» como a hixiene ou a alimentación, e os relacionados coa mobilidade: compra de cadeiras de rodas, camas, guindastres ou a adaptación das vivendas.





Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.