Comarcas Vigo al minuto

A dúas ‘velas’ en Tomiño

A oposición denuncia que a alcaldesa quere que «sexamos un pobo a escuras»

A oposición denuncia que a alcaldesa quere que «sexamos un pobo a escuras»

«Os cortes de luz nas parroquias son cada vez máis frecuentes xa que o goberno do BNG tomou a decisión de aforrar cartos dándolle para abaixo o interruptor do alumeado público».

Esta é a denuncia do Grupo Popular dende o que denuncian que «nestes momentos están alternando os cortes por zonas, de xeito que acenderán unha noite en Amorín, outra en Barrantes, outra en Goián…».

Os responsables populares apuntan que a administración local debería ter a capacidade de previr situacións excepcionais «mediante unha xestión prudente e sensata dos cartos dos veciños». Pero, aseguran, «en Tomiño non é así».

Denuncian que «o Goberno municipal quere converter un ben de primeira necesidade como é a luz nun privilexio», o cal, insisten, vai máis aló do custo actual da enerxía.

Nesta liña subliñan que «malgastar os cartos sen sentido en obras inxustificadas ao longo dos anos de mandato, ten
consecuencias perniciosas e agora tócanos pagar o pato aos de sempre
«. Así, aseguran que o goberno local está a
aproveitar a situación actual como escusa da súa «incompetencia xestora durante os 15 anos de mandato e en 2023 terá consecuencias reflectidas nas urnas».

Ademáis, continúan, «desde que se impuxo esta medida xa aumentaron as denuncias por roubos e consta que están
entrando en vivendas
do barrio do Carregal de Arriba, na parroquia de Amorín»
.

Á vista destes feitos instan á alcaldesa, Sandra González, a reverter esta situación que cualifican de «insostible» e advirten de que «tomaremos medidas legais se estas decisións seguen tendo prexuízos directos para os nosos veciños».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.