Destacados Vigo al minuto

O Casco Vello de Vigo adxudica 15 locais con alugueiros de entre 70 e 255€ ao mes

Estarán ocupados por emprendedores, negocios e actividades comerciais e culturais

Más millones para la rehabilitación del Casco Vello

Ocupados por emprendedores, negocios e actividades comerciais e culturais

O Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) adxudicará este xoves, nun consello extraordinario, o alugueiro de 15 locais a novos negocios, emprendedores e actividades comerciais e culturais.

Segundo a presidenta do Consorcio, Marta Fernández-Tapias, «o proceso foi un éxito e de xeito inmediato un total de quince empresas poderán abrir as súas portas no barrio histórico, o que suporá unha importante dinamización da zona»

De 70 a 255€ de aluguer

O Consorcio remata así o proceso iniciado o pasado mes de xuño coa publicación das bases do concurso de alugueiro dos locais con prezos que van desde os 70 euros (rúa San Sebastián, 8) o máis barato ata os 255 euros o máis caro (Subida á Costa, 5).

Catro dos baixos comerciais concentraron a maioría das ofertas e recibiron un total de 44 propostas. O inmoble de Abeleira Menéndez 16 tivo dezaseis candidatos, mentres que o da rúa Santiago 15 chegou ata as once, o de Santiago 19 outras nove e San Sebastián 16 recibiu oito máis.

Outros cinco baixos

O proceso continuará agora coa posibilidade de adxudicación directa doutros cinco baixos comerciais, tal e como recolle o prego de condicións. Así, nos vindeiros días publicarase no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) o concurso coa descrición dos locais e as condicións de alugueiro.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.