Comarcas Vigo al minuto

Ven a Covelo e observa as estrelas

O Concello organiza un roteiro ao punto geodésico máis alto da provincia, este sábado día 1

O Concello organiza un roteiro ao punto geodésico máis alto da provincia, este sábado día 1

Organizada polo Concello de Covelo, en colaboración coa Deputación de Pontevedra e o GDR Condado Paradanta, esta fin de semana 30 persoas poderán gozar do roteiro guiado e observación estelar no alto do Castelo do Faro. Esta proposta, ademais, está deseñada dentro da estratexia de promoción turística que o goberno de Covelo desenvolve tanto en tempada alta como baixa.

A 1.154 metros de altitude

Este sábado ás 17:30 horas partirán da igrexa de Prado as e os participantes nesta  actividade para subir ao miradoiro paisaxístico do Faro, o punto xeodésico máis alto de Pontevedra con 1.154m de altitude situado na parroquia de Prado.

De 11 da noite a 2 da madrugada observarán o firmamento da man da Federación Galega de Astronomía e Radioastronomía. Así, as persoas interesadas en participar nesta actividade de interpretación astronómica deberán contactar nos números de teléfono 622 676 355 / 986 65 00 27.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.