Comarcas Vigo al minuto

A Deputación abre este luns, día 5, o prazo de inscrición de ‘DepoCrea’

Para bolsas de 2.500 euros destinadas a artistas

A Deputación abre este luns, día 5, o prazo de inscrición de 'DepoCrea'

Para bolsas de 2.500 euros destinadas a artistas

«Un proxecto que nos emociona, ao que lle temos un especial cariño e que levamos tempo traballando na súa creación”. Así definiu a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, á primeira edición de “Depocrea”.

Residencias artísticas

Trátase dun programa de residencias artísticas vencelladas ao territorio que promoverá durante este outono proxectos específicos vinculados a Pontevedra provincia da man do Náutico de San Vicente.

A institución provincial subvencionará estas estancias con bolsas de 2.500 euros que chegarán a seis artistas visuais de calquera disciplina mediante unha convocatoria “aberta e pública”, cuxo prazo de inscrición comeza este luns 5 de setembro a través da sede electrónica ou do rexistro da Deputación.

Sustentabilidade, igualdade e inclusión social

As persoas que queiran optar a unha destas bolsas deberán presentar proxectos “site-specific”, entre os que terán preferencia “as propostas que se acheguen ao patrimonio da contorna ou avoguen por reivindicar valores como a sustentabilidade, a igualdade ou a inclusión social”.

Nesta convocatoria poderá participar persoas maiores de idade con independencia da súa procedencia, aínda que se valorará que naceran ou sexan residentes da provincia co fin de fomentar o talento do de Pontevedra provincia. E as candidaturas serán avaliadas por un xurado de profesionais.

Novos proxectos

Os fondos que a Deputación dedica a estas bolsas vanse a empregar para a realización dos proxectos, no que atinxe á produción e compra de materiais, e a institución provincial tamén se fará cargo do aloxamento.

Carmela Silva destacou que “eliximos o Náutico de San Vicente porque é un entorno único que aposta polo sustentable e onde natureza, cultura e cidadanía se mesturan en perfecta simbiose«.

As residencias terán lugar entre o 28 de outubro de o 11 de novembro e comprenderán unha primeira etapa de creación en formato de portas abertas ou a visita de profesionais do sector, que realizarán unha conferencia e ofrecerán asesoramento e experiencias ás e aos bolseiros. Tamén haberá unha xornada de divulgación e é posible que se precise da participación do público ou dalgún colectivo local para algún dos proxectos.

Finalmente, o 11 de novembro as e os artistas presenten os resultados conseguidos durante as residencias nun auto de clausura. 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.