Comarcas Vigo al minuto

Rematado o acondicionamento do acceso a Torneiros dende a estrada PO-331

As obras abranguen a mellora da mobilidade peonil e seguridade viaria

As obras abranguen a mellora da mobilidade peonil e seguridade viaria

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, acompañado polo concelleiro de Vías e Obras, comprobou o resultado das obras de acondicionamento do acceso a Torneiros dende a PO-331, finalizadas esta mesma semana.

Novas beirarrúas

A actuación, que supuxo un investimento de 142.000 euros, continuou coa humanización e construción de beirarrúas do vial, para mellorar a mobilidade peonil e a seguridade vial dende o cruce da estrada provincial ata a entrada de Lonza, aprobada no 2021.

Pavimentación e dotación ás vivendas

Os traballos incluíron a mellora da pavimentación e a dotación ás vivendas dos servizos necesarios, incluíndo melloras nas redes de pluviais e saneamento e tamén no alumbrado. Ademais, acondicionouse o lavadoiro da Relva.

Durante a visita á zona, Lorenzo reiterou que a mellora do viais  segue a ser “un dos obxectivos prioritarios da acción de goberno”. Así, engadiu, «neste momento temos proxectos preparados para executar pendentes só das pertinentes autorizacións por valor de 1.300.000 euros, concluíu o alcalde, “Todas elas son actuacións necesarias en todas as parroquias, que van dende asfaltados, melloras da iluminación, obras de saneamento e humanizacións”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.