Galicia Vigo al minuto

Nigrán pecha as duchas e lavapés das praias debido á seca prolongada

Con estas medida o Concello agarda aforrar 25.433 litros ao día

Con estas medida o Concello agarda aforrar 25.433 litros ao día

O Concello de Nigrán pechou todas as duchas e lavapés das súas praias ante a situación de seca prolongada. Esta medida súmase ás iniciativas tomadas xa a mediados de Xullo (cando se limitou o caudal das duchas, se eliminaron os baldeos da vía pública e se restrinxiron os regos ao mínimo imprescindible para que sobrevivan as árbores e prantas).

Igualmente, o Concello difundirá hoxe unha campaña, en colaboración con Aqualia, na que se dan consellos á veciñanza para un uso responsable da auga no eido privado e editará un bando na mesma liña.

Máis de 25.000 litros

«Ante os datos preocupantes e a falta de previsión de choiva decidimos sumar xa esta outra medida de aforro e concienciación», explica o alcalde, Juan González. O Concello estima evitar a perda dun total de 25.433 litros ao día e 2.289 metros cúbicos en todo o que queda de periodo estival pechando as 26 duchas e 10 lavapés de todas as súas praias (Praia América-Lourido, Panxón, Patos, Cansadoura, Prado, Madorra, Area Fofa e Arribas Brancas).

«Unha pegatina en cada unha advirte de que están clausuradas pola situación de seca, iso tamén axuda a que á xente tome conciencia da realidade e aplique medidas na súa propia casa«, engade González.

Zamáns ao 63% da súa capacidade

O abastecemento de Nigrán depende do encoro de Zamáns, atopándose actualmente ao 63,45% (dato do 1 de agosto) e baixando unha media de 0,52€ ao día. Esta cifra actual de almacenamento é idéntica á rexistrada o pasado 27 de setembro, por iso se fai necesario xa emprender medidas no eido público pero tamén cada un na súa propia casa.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.